martes, 8 de marzo de 2016

Sons nun dos sitios máis profundos do planeta

Por primeira vez na historia un ser humano conseguiu escoitar o son dunha das partes máis profundas do mar.
Un micrófono subacuático estivo durante tres semanas sumerxido a máis de 11.000 metros. Colocouse no Abismo Challenger, un punto da Fosa das Marianas.
Téndese a pensar que o fondo do mar está completamente en silencio, pero non é así, máis ben é todo o contrario xa que o sons emitidos son constantes. Podemos escoitar actividade de barcos que pasan pola superficie ata os producidos de forma natural, como pode ser un terremoto ou o constante movemento de seres vivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario