domingo, 13 de diciembre de 2015

Curiosidades no espazo

Nesta entrada vou falar dalgunhas curiosidades interesantes do espazo que eu ata agor non sabía:

-Os astronautas non poden eruptar xa que se encontran nun estado de ingravidez e os gases do seu interior non se poden separar.
Tampouco poden chorar xa que as lágrimas non caerían debido á gravidade.
-Un traxe de astronauta costa, como mínimo, 12 millóns de libras americanas.
-O obxecto máis caro da historia encóntrase no espacio e ten un valor de 15.000.000.000 de libras. Trátase da Estación Espacial Internacional.
-Se ques ganar uns centímetros de altura tan só tes que ir ao espazo. Está demostrado que os astronautas volven uns 5 cm máis altos.
-As actuais naves espaciais tripuladas tardarían 700 siglos en chegar ás estrelas máis cercanas.
-A Lúa está 400 veces máis cerca da Terra que o Sol, e este é exactamente 400 veces máis grande cá Lúa.
-Na actualidade hai máis de 400 satélites orbitando o noso planeta.
-Os científicos encontraron ao redor de 200 planetas.
Resultado de imagen de curiosidades en el espacio

Auga na Lúa de Saturno

Neste último ano houbo grandes descubrimentos científicos de gran interese. Un actúal é o descubremento de auga baixo a codia de Enceladus, a Lúa de Saturno, como indican as imaxes mandadas pola Sonda Cassini. Neste astro xa se había detectado actividade volcánica anteriormente.
Captáronse fotografías de grandes columnas de xeo na superficie.

Este océano encóntrase a 10 km baixo terra a 40 km de espesor. Ademáis dise que está en contacto cun fondo mariño rochoso no que se poden producir reaccións químicas como a que levou á vida na Terra.
Outro dato incrible é que esta auga poida estar líquida cando Enceladus está a 180ºC baixo cero.
1. Encontraron un océano escondido bajo la superficie helada de Enceladus, la luna de Saturno. Podría potencialmente albergar vida.

A min este descubremento paréceme incrible xa que me resulta moi interesante e apaixoante saber que pode existir vida fóra do noso planeta.

Fecundación In Vitro canina

Este 10 de novembro de 2015 producíronse os primeiros nacementos de cans poñendo en práctica a fecundación In Vitro. Este acontecemento levou 3 anos de intentos.

Esta técnica consiste na fecundación do óvulo por parte dos espermatozoides fóra do corpo da nai. Unha vez fecundados vólvense introducir no útero para que continúen o seu desarrollo.

Á nai insertáronselle 19 embrións, dos cales naceron 7 cachorros sans. Xa se lle encotrou casa a 6 deles.

A min paréceme moi ben a práctica da fecundación In Vitro xa que pode servirnos para salvar moitas especies que estén en peligro de extinción.
Ademais, os científicos apuntan que tamén vai servir para tratar diversas enfermidades.
Resultado de imagen de fecundacion in vitro perros