domingo, 13 de diciembre de 2015

Fecundación In Vitro canina

Este 10 de novembro de 2015 producíronse os primeiros nacementos de cans poñendo en práctica a fecundación In Vitro. Este acontecemento levou 3 anos de intentos.

Esta técnica consiste na fecundación do óvulo por parte dos espermatozoides fóra do corpo da nai. Unha vez fecundados vólvense introducir no útero para que continúen o seu desarrollo.

Á nai insertáronselle 19 embrións, dos cales naceron 7 cachorros sans. Xa se lle encotrou casa a 6 deles.

A min paréceme moi ben a práctica da fecundación In Vitro xa que pode servirnos para salvar moitas especies que estén en peligro de extinción.
Ademais, os científicos apuntan que tamén vai servir para tratar diversas enfermidades.
Resultado de imagen de fecundacion in vitro perros

No hay comentarios:

Publicar un comentario