lunes, 13 de junio de 2016

Exoesqueleto

O CSIC presentou en Madrid un exoequeleto para rapaces de entre 3 e 14 anos con atrofia muscular espiñal. Este aparato de 12 kilogramos podría axudar aos cincocentos mil nenos que actualmente padecen esta enfermidade no Mundo. Este invento tamén podría axudar a xente con outars enfermidades, como a parálisis cerebral. O caso máis famoso en España é o de Álvaro, un rapaz que xa ten un no seu poder. Asegúrase que a mellora da calidade de vida é moi notable.

domingo, 12 de junio de 2016

Xenoma Humano Sintético

Investigadores da Universidade de Washington revelaron o seu proxecto co que serían capaces de crear xenoma humano sintético. A noticia foi publicada na famosa revista Science e sufriu numerosas críticas. A máis discutida foi de tipo ético, xa que nacerían nenos sen pais biolóxicos.

Récord de enerxías renovables

Resultado de imagen de energias renovablesNeste último ano, 195 países mandaron unha mensaxe clara á poboación: a Terra non pode seguir alimentándose con petróleo durante moito tempo máis. Este 2015 foi o ano no que a instalación de placas solares, aeroxeradores, etc, superou marcas, xa que produciuse o maior aumento que se haxa visto xamáis. Un dato curioso é que isto produciuse, precisamente, nun dos anos nos que o precio do chumbo estivo máis baixo.

Monumento en Petra

Grazas á axuda das imaxes de satélites e drons foi posible localizar un antiguo xacemento que posúe dous mil anos, na cidade de Petra. Pénsase que se pode tratar dun lugar de culto. Moita xente había camiñado por riba desta construcción sen saber o que se escondía baixo os seus pes, xa que esta estaba enterrada baixo a area.

Cuatro nuevos elementos químicos

O duro traballo en aceleradores de partículas e sofisticados laboratorios deu os seus froitos en forma do descubremento de catro novos elementos químicos superpesados: l
os elementos 113, 115, 117 e 118. Todos estes elementos xa teñen un nome asignado: Nihonio, Moscovio, Tenesina e Oganesón.
Última versión de la tabla periódica (en inglés), de enero de 2016

martes, 24 de mayo de 2016

Robot origami

Científicos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts crearon un robot inxerible que se dobla e desdobla como origami. O aparato está feito de intestino de porco seco e entra no corpo doblado dentro dunha cápsula de xeo. Unha vez no estómago, a cápsula desfaise e o robot desdóblase. Controlado por imáns, pode extraer obxectos pequenos do corpo, poñer medicamentos en puntos específicos e sanar feridas internas.
Resultado de imagen de origami robot mit



martes, 8 de marzo de 2016

Ondas Gravitacionais

O 12 de febreiro os científicos do LIGO confirmou a detección de ondas gravitacionais, de cuxa existencia achegou evidencias hai case 100 anos Albert Eninstein na súa Teoría da Relatividade Xeral.
A ondas gravitacionais son curvaturas no texido espazo-tempo que se forman como consecuencias de fenómenos cósmicos.
Resultado de imagen de ondas gravitacionalesGracias a isto, a LIGO abriu unha nova ventá para estudar o Universo, xa que a existencia do buratos negros quedou cen por cen confirmada e podrase estudar outros fenómenos como poden ser as supernovas ou detectar o choque de dous buratos negros.

Un gran voo

Hai pouco descubriuse a especie que máis distancia recorre voando. Trátase da libélula Pantala Flavescens. Pódese encontrar en Canada, Xapón, Corea e Sudamérica. As anteriores poseedoras do record eran as mariposas monarcas, mentres que esta libélula é capaz de recorrer ata 7.100 quilómetros nas súas migracións en búsqueda da humidade.
Os científicos explican este fenómeno como efecto da evolución, onde as súas ás fixéronse máis grandes e son capaces de planear durante máis tempo, gastando menos enerxía.Resultado de imagen de pantala flavescens

Sons nun dos sitios máis profundos do planeta

Por primeira vez na historia un ser humano conseguiu escoitar o son dunha das partes máis profundas do mar.
Un micrófono subacuático estivo durante tres semanas sumerxido a máis de 11.000 metros. Colocouse no Abismo Challenger, un punto da Fosa das Marianas.
Téndese a pensar que o fondo do mar está completamente en silencio, pero non é así, máis ben é todo o contrario xa que o sons emitidos son constantes. Podemos escoitar actividade de barcos que pasan pola superficie ata os producidos de forma natural, como pode ser un terremoto ou o constante movemento de seres vivos.

lunes, 7 de marzo de 2016

Impacto dun asteroide

Un estudio revela o impacto dun asteroide hai uns 3260 millóns de anos. Medía entre 37 e 58 quilómetros e colisionou a 20 metros por segundo. Esta sacudida foi maior ca a dun terremoto de magnitude 10,8. Isto impulsou as ondas sísmicas a través de centos de quilómetros, rompendo rocas provocando outros grandes terremotos. Tamén se produciron tsunamis de miles de metros de profundidade que foron máis grandes ca os que ocurriron hai 60 millóns de anos cando se extinguiron os dinosaurios. As evidencias foron unhas rocas de Sudráfica que estaban dañadas debido ao impacto.Resultado de imagen de asteroide hace 3000 millones de años

A Galaxia máis lonxana do Universo

O telescopio espacial HUBBLE, o observatorio máis potente do mundo, é ademais unha "máquina do tempo". Conseguiu tomar fotos da galaxia máis lonxana xamáis vista. A luz que lle chega correspóndese tal e como era a galaxia hai 400 millóns de anos (agora ten máis de 13.000).
A Galaxia foi bautizada como GN-z11 e é 25 veces máis pequena e contén tan só un 1 por cento da súa masa en estrelas.
Os científicos teñen a dúbida de como podían brillar tanto as estrelas cando se formou, xa que nunha etapa tan temprana do Universo estas estrelas tan brillantes non podían esxistir. Tamén aseguran que debemos estar ante a primeira xeración de estrelas formándose ao redor de buratos negros.
foto de la noticia

Récord na Estación Espacial Internacional (ISS)

O estadounidense Scott Kelly, de 55 anos, e o ruso Mijaíl Kornienko, de 52 ,batiron o récord de estancia na Estación Espacial Internacional tras habitala durante 340 días. Ademais, Kelly bate tamén a hazaña de ser o estadounidense que máis tempo pasou no espazo, 540 días.
Estiveron facendo experimentos para estudar os efectos biolóxicos e psicolóxicos de largas estancias no espazo, de cara a futuros viaxes a Marte.
Os astronautas afirmaron que se encontraban nunha forma física excelente ao volver. Kelly tamén afirmou que sufre pequenos problemas de vista, que son debido á microgravidade. A ausencia de gravidade reduce a masa muscular e ósea, co que teñen que facer moito exercicio.
Mikhail Kornienko.Scott Kelly.